lunes, 23 de marzo de 2015




Material informativo relativo aos estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

 

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é un centro oficial superior dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e o único nesta comunidade que imparte o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, equivalente a todos os efectos ao Grao Universitario.
É o segundo centro máis antigo de España na formación en conservación e restauración. A creación da ESCRBCG data de 1991 co Decreto 352/1991 de 17 de outubro (DOG do 24 outubro) e nela son impartidas as especialidades de conservación e restauración de arqueoloxía, escultura e pintura.
A escola non só pretende impartir un ensino de calidade, senón abrir as portas do mercado profesional ao alumnado mediante prácticas de traballo, sempre coa maior amplitude xeográfica posible. Así mesmo ambiciona constituír un referente nas disciplinas da conservación, tanto a nivel docente como investigador. En última instancia, en tanto que profesionais vinculados ao Patrimonio Cultural, persegue a súa promoción, defensa e recoñecemento.
 Son catro anos de formación tras os que se obtén un Título Superior equivalente a tódolos efectos a Grao Universitario. Con posterioridade a estes estudos, o alumnado ten acceso a másters universitarios  e de doutoramento.

 A través destas webs e redes sociais podedes obter máis información:
 
Web: www.gradoconservacionbbcc.es
e-mail: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es
Facebook: https://www.facebook.com/gradoconservacionbbcc.es
Twitter: @escolaconservac
Academia.edu: http://gradoconservacionbbcc.academia.edu/
Youtube: https://www.youtube.com/user/ESCRBBCCG  (neste enlace hai un vídeo do funcionamento da Escola e dos seus talleres e actividades).
Slideshare: http://www.slideshare.net/gradoconservacionbbcces

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario