martes, 23 de junio de 2015

USC ESTREA OITO TITULACIÓNS DOBRES


En 2015-2016 a USC estrea oito dobres graos na súa oferta académica. Trátase de Bioloxía-Química, Comunicación Audiovisual-Xornalismo, Dereito-Relacións Laboais e Recursos Humanos, Enxeñaría Informática-Matemáticas, Física-Matemáticas e Física-Química, en Compostela, e Enxeñaría Agrícola-Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Civil-Enxeñaría Xeomática e Topografía en Lugo. A estes novos títulos hai que sumar 48 graos (33 en Santiago e 15 en Lugo), tres títulos propios (Criminoloxía, Xestión Hoteleira e Especialización Orquestral), 63 másteres e 54 programas de doutoramento.
O período de matricula, que deberá realizarse por internet (www.usc.es/matricula), comezará coa preinscrición, ben en modalidade anticipada ou ordinaria, en ambos casos con data límite o 3 de xullo (a ordinaria comeza o próximo luns 22). A preinscrición para titulados e tituladas do presente curso estenderase do 13 ao 30 de xullo.
Logo da publicación o 13 de xullo das listaxes de admitidos/as e de agarda ábrese o primeiro prazo de matrícula do 15 ao 17 de xullo.
Outros prazos: O día 7 de xullo comeza o prazo para continuar estudos de grao (ata o 3 de setembro), solicitar admisión en cursos ponte (ata o 31 de xullo) e para cursar un máster. Ademais, do 20 de agosto ao 9 de setembro será o prazo de solicitude de admisión nalgún programa de doutoramento.

Calendario: As clases do primeiro semestre comezarán o 7 de setembro e rematarán o 22 de decembro de 2015; mentres que o segundo irá do 25 de xaneiro ao 13 de maio de 2016. Os exames desenvolveranse do 8 ao 23 de xaneiro e do 16 ao 31 de maio, cunha segunda oportunidade do 23 de xuño ao 11 de xullo.

jueves, 18 de junio de 2015

CALENDARIO ESCOLAR EN GALICIA PARA O CURSO 2015/2016

Publícase a Orde do 8 de xuño pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para ocurso 2015 / 2016 nos centros sostidos con fondos públicos. 

COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 22 de xuño. 
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016.
  • Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016. 
  • Semana Santa: desde o día 21 ao 28 de marzo de 2015.

DÍAS NON LECTIVOS: 
  • Día do Ensino: 30 de Outubro de 2015. 
  • Festivos locais ou de ámbito estatal. 

OFERTA E ADMISIÓN NA FP DUAL EN GALICIA

 PARA O CURSO 2015 / 2016

Publicase a ORDE do 3 de xuño de 2015 pola que se autorizan proxectos experimentais deformación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional.

Relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual:

Requisitos das persoas solicitantes:

a) Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.

b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do Sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
c) Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do Sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Lugar e prazo de presentación de solicitude:
1. Cada solicitante presentará unha única solicitude, segundo o modelo do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no anexo II e irán dirixidas á dirección do centro educativo. Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.
2. Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp
3. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de xuño ata as 13.00 horas do día 26 de xuño de 2015.

Documentación:
A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
b) Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

ADMISIÓN EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA PARA O CURSO 2015 -2016 EN GALICIA


Información sobre o prazo e o proceso de admisión nos ciclos de Formación Profesional Específica en Galicia para o curso 2015-2016, nos réximes ordinario e adultos (presencial e a distancia).

ESTABLÉCENSE DOUS PERÍODOS:
  • PERÍODO ORDINARIO: Dende o 17 de xuño ao 2  de xullo de 2015  ás 13´00h. (para os que cumpren os requisitos de acceso en xuño de 2015 ou anteriores cursos).
  • PERÍODO EXTRAORDINARIO: Dende o 1 ao 11 de setembro de 2015 ás 13´00h. (para os que cumpren os requisitos de acceso en setembro de 2015 ou anteriores cursos). 

ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO MEDIO: 

      ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO SUPERIOR:

      PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
      Deberá presentarse unha única solicitude, por duplicado, para cada réxime, grao e modalidade que se desexe cursar. Poderase facer de tres xeitos:
      • Cubrindo a solicitude a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A instancia que xera a aplicación informática deberase imprimir e presentar, acompañada da documentación que se requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos. A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia impresa conservarase como resgardo. 
      • Cubrindo, de xeito mecanografado ou manualmente, os correspondentes modelos de solicitude e presentándoos acompañados da documentación necesaria no centro elixido como primeira opción. 
      • De non ser posible a presentación polos procedementos anteriores, poderase presentar,cuberta e asinada, en sobre aberto en calquera oficina de Correos, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega. A solicitude irá dirixida ao director ou a directora do centro elixido en primeira opción. A documentación presentada que non sexa orixinal, incluíndo a copia do documento de identidade, deberá estar compulsada. Coa finalidade de axilizar a xestión será necesario remitir, no mesmo día no que se entregue o correo certificado, unha copia da documentación presentada mediante correo electrónico ou por fax ao centro ao que vai dirixida a solicitude. Os enderezos electrónicos e os números de fax dos centros poden consultarse en: https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/

      INFORMACIÓN SOBRE  OS LISTADOS DE ADMITIDOS NO CURSO PASADO:

      Pinchando nos enlaces pódese acceder aos listados de admitidos do curso pasado en cada ciclo. Esta información é útil para ver con que nota, con que titulación e en que adxudicación entrou o último alumno/a en cada ciclo. Trátase dunha referencia que pode orientar as posibilidades personais de acceso nos ciclos, pero non é exacta posto que cambiará para este curso. 

      DE QUE VAI CADA CICLO:

      MÁIS INFORMACIÓN:
      No teléfono da asesoría sobre admisión en ciclos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: 881 99 74 08.

      martes, 2 de junio de 2015

      Web Lo Que Quiero Estudiar

      El portal web Loquequieroestudiar.es es una guía para informarse sobre el acceso a la universidad y orientar el futuro profesional. Contiene una aplicación en la que se pueden buscar grados por profesiones o salidas laborales por grados, complementada con diferentes rankings de las 75 universidades españolas, tanto públicas como privadas. La información se va actualizando desde distintas fuentes oficiales.