viernes, 30 de diciembre de 2016

Guia "Hablemos de duelo"

La Fundación Mario Losantos Del Campo (FMLC) presenta un nuevo manual práctico que ayuda a los padres, profesores y adultos en general a solucionar sus dudas sobre el duelo infantil. Explica cómo se puede abordar el duelo en cada etapa del desarrollo, incluye un capítulo dedicado a la discapacidad intelectual y recursos útiles para acompañar el duelo. 

Descarga en PDF

Claves para proteger del abuso sexual

"La confianza se educa" es el título de la charla para padres, impartida por Vicki Bernadet, víctima de abusos sexuales en su infancia que decidió dedicar su vida a luchar contra esta barbaridad, creando una fundación, en Cataluña, que lleva su nombre. 


El vídeo de la charla dura 15 minutos y da muy buenas claves para educar a nuestros hijos en su propia autoseguridad, que es la mejor prevención.


En la charla podremos escuchar frases tan importantes como "Debemos abandonar la negación porque estamos dando por supuesta una seguridad que no existe""Educar en la confianza hará que nuestros niños y niñas sean lo bastante fuertes, seguros e independientes como para salvarse a sí mismos, van a saber pedir ayuda y a quien". 

El vídeo, compartido en las redes sociales, está comentado en la web entremadres.es .


Materias de la prueba de evaluación de Bachillerato para el acceso a la universidad 2017

La Secretaría de Estado de Educación ha publicado el proyecto de la Orden Ministerial por la que se regula la prueba de evaluación final de bachillerato, denominada ahora "EVALUACIÓN DE BACHILLERATO PARA EL ACCESO A LA UNIVERSIDAD".
Como establece el título de la orden, esta prueba no será necesaria para titular en bachillerato, sino que se realizará exclusivamente para el alumnado que quiera acceder a los estudios universitarios desde el bachillerato. ENLACE al proyecto de la orden 

Por el momento parece que están claras las materias objeto de evaluación, así se establece en el Artículo 3. que las pruebas versarán sobre las materias generales del bloque de las asignaturas troncales de segundo curso de la modalidad elegida y, en su caso, de la materia Lengua Cooficial y Literatura. Los alumnos que quieran mejorar su nota de admisión podrán examinarse de, al menos, dos materias de opción del bloque de las asignaturas troncales de segundo curso.

Esquema de las materias objeto de evaluación:
Esquema de las materias por modalidades:



jueves, 24 de noviembre de 2016

U-RANKING: HERRAMIENTA PARA ELEGIR CARRERA Y UNIVERSIDAD

U- Ranking es un proyecto desarrollado por la Fundación BBVA y el Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (Ivie).

Con esta herramienta el usuario puede construir su propio ranking personal introduciendo sus preferencias (qué estudiar, dónde y atendiendo a qué actividades universitarias).

La herramienta ordena las universidades tanto por su volumen de resultados como por su productividad, y contempla las tres misiones de la univesidad (docencia, investigación e innovación y desarrollo tecnológico), ofreciendo rankings en cada una de ellas.

Ofrece rankings para cada titulación universitaria, con su nota de corte, precio por crédito y enlace a la web en cada universidad, lo cual facilita la elección de universidad donde cursar los estudios.


Fuente: 

martes, 21 de junio de 2016

Novos ciclos de FP Dual en Galicia 2016/2017




PRAZO DE SOLICITUDE: 
Desde o día 17 de xuño ata as 13:00 horas do día 28 de xuño de 2016.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
As solicitudes de inscrición poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

REQUISITOS:
  • Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
OFERTA DE NOVOS CICLOS DE FP DUAL: 
CONVENIOS ASINADOS: Enlace.

WEB DA CONSELLERÍA: Enlace. 

Instrucións para o acceso e admisión nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño en Galicia 2016/2017. CICLOS MEDIOS.


Publicouse a Resolución do 31 de maio de 2016 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2016/2017 en Galicia. 

PUBLÍCANSE:
  • As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: Do 14 de xuño  o 26 de xullo. 
  • As datas e horarios das probas: A proba de madureza será o 6 de setembro. A proba específica o 9 de setembro de 2016.
  • Os contidos das probas.
  • As datas para a matrícula nos ciclos. 
  • Os impresos de solicitude de admisión.

REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO: 
Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao medio: 
a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño relacionado coas ensinanzas que desexe cursar. 
b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos planos de estudos de 1963 ou dos planos experimentais de 1984 e 1986. 
c) Quen teña acceso directo aos ciclos Superiores de Artes plásticas e deseño. 
d) Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

Tamén terán acceso directo os que posúan algún dos seguintes títulos académicos:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en belas artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en deseño industrial.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 
Poderá acceder por esta quenda quen posúa o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, ou estudos equivalentes.
Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia da ESO poderán presentarse á proba de acceso, pero no momento de formalizar a matrícula, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.

ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: 
(proba de madureza + proba específica) 
A persoa que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberá ter cumpridos os 17 anos, dentro do ano natural de realización da proba, e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica. A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba dos ciclos formativos de grao medio de F.P. ou pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.

AS PROBAS: 

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: 
Proba de madureza: 6 de setembro de 2016. 
1ª parte: 10.00-13.00 h. 
2ª parte: 16.30-19.30 h. 
Proba específica: 9 de setembro 2016. 
1º exercicio: 10.00-11.00 h. 
2º exercicio: 12.00-14.00 h. 
3º exercicio: 17.00-19.00 h.
As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen.

A PROBA ESPECÍFICA consta de 3 exercicios: 
1º) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento, nun tempo máximo 1 h, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
2º) Segundo exercicio: realización. Realización, nun tempo máximo de 2 h, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.
3º) Terceiro exercicio: execución. Execución durante un tempo máximo de 2 h, cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

A PROBA DE MADUREZA consta de 2 partes: 
1ª) Primeira parte:
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito. 
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua española a partir dun texto escrito.
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.
Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da ESO. Cumprirá seleccionar 3 das devanditas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión de entre 2 que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.
2ª) Segunda parte:
- Educación plástica e visual: realización, nun tempo máximo de 3 h, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

MATRÍCULA:
Do 14 ao 19 de setembro, ambos os dous inclusive.
Establécese un prazo extraordinario de matrícula do 9 ao 14 de setembro, ambos os dous incluídos, co obxecto de que os aspirantes que tivesen pendente de superar algunha das materias de bacharelato ou da ESO poidan acreditar a súa superación, no momento de formalizar a matrícula.
MÁIS INFORMACIÓN:

Acceso e admisión á Formación Profesional en Galicia para o curso 2016/2017





A Consellería de Educación publica nestes días o borrador da Orde de admisión a ciclos de Formación Profesional para o curso 2016/2017
Como era de esperar temos moitas novidades, que se poden considerar oficiais ao estar publicadas xa na web oficial de FP en Galicia
Este é o resumo das principais novidades. 

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN:
É unha das principais novidades. Ata este ano o proceso de admisión comezaba a mediados de xuño. Neste curso a admisión comezará o 25 de xuño no período ordinario, tanto para o réxime ordinario como para o réxime de adultos (excepto nos ciclos de FP Dual que teñen prazos específicos). 
  • PROCESO ORDINARIO DE ADMISIÓN: Do 25 de xuño ao 31 de xullo.
  • PERÍODO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN: Do 1 de setembro ata un mes despois de iniciadas as clases en ciclos de FP segundo o calendario da publicado pola Consellería. 

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • Período ordinario: do 27 de xuño ao 5 de xullo
  • Período extraordinario: do 5 ao 8 de setembro

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:
Neste curso a solicitude vía web é obrigatoria e realizarase para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Xa non é necesario entregar a solicitude no centro escollido en primeiro lugar. 


REQUISITOS DE ACCESO:
Coa aplicación da LOMCE pódese acceder á FP con novos requisitos académicos (resumo da Orde de admisión):



    DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS:
    As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).

    CICLOS MEDIOS RÉXIME ORDINARIO
    Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
    • Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
    • Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
    • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
    A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

    GRUPO A
    ESO ou equivalentes
    GRUPO B
    FPB e PCPI
    GRUPO C
    Probas de accceso e outros

    Ata o 70%

    Ata o 20%

    Ata o 10%

    PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA GRUPO (CICLOS MEDIOS)

    Grupo A.
    1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas.
    2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
    3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
    - Alumnado con título de técnico auxiliar.
    - Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
    - Alumnado con título de bacharelato superior.
    - Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.

    Grupo B.
    1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
    2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
    3º. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

    Grupo C.
    1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio. 
    2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 
    3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño 
    4º. Alumnado con título de técnico. 
    5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. 
    6º. Alumnado con título de bacharelato. 
    7º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. 
    8º. Alumnado con título universitario. 
    En caso de empate seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público.

    CICLOS SUPERIORES RÉXIME ORDINARIO:
    Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:

    • Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
    • Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
    • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
    A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
    GRUPO A
    Bacharelato ou equivalentes
    GRUPO B
    Título de técnico
    GRUPO C
    Probas de acceso e outros

    Ata o 70%

    Ata o 20%

    Ata o 10%



    PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA UN DOS GRUPOS (CICLOS SUPERIORES):

    Grupo A.
    1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
    2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
    3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
    4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato LOMCE da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
    5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
    6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

    Grupo B.
    1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
    2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

    Grupo C. 
    1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 
    2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos. 
    3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. 
    4º. Alumnado con título universitario. 

    En caso de empate entre varias persoas solicitantes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público.

    RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS:
    Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada unha das cotas. En cada cota de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral, os módulos superados no ciclo e as unidades de competencia do ciclo acreditadas.
    Neste réxime non existen grupos diferenciados dentro de cada cota de acceso.


    Puntuacións:
    a) Por cumprir os requisitos de acceso: 10 puntos. 
    b) Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo puntuarase con 0,25 puntos por cada 30 días, ata un máximo de 15 puntos. 
    c) Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2 puntos por cada módulo. 
    d) Por unidades de competencia obtidas por participar nos procesos de acreditación de
    competencias que dean lugar a validación de módulos profesionais do ciclo formativo que
    se solicita: 2 puntos por cada módulo que fose validable.

    O alumnado matriculado nalgún módulo non ten dereito á reserva de praza para o curso seguinte, polo que deberá someterse no curso seguinte ao proceso de admisión. 


    ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE PASA A 2º CURSO DE CICLO:
    • O alumnado que se promova de 1º a 2º curso no mesmo centro deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o segundo curso.
    • O alumnado terá dereito a repetir con praza reservada por unha vez no mesmo centro no ano seguinte.
    • O alumnado que se promova ao segundo curso e o repetidor de segundo curso que desexe formalizar a matrícula nun centro diferente deberá presentar nel a solicitude de admisión establecida no anexo I.

    ALUMNADO QUE ACCEDE POLA COTA DE DISCAPACIDADE:
    • O alumnado que optase a prazas reservadas para persoas con discapacidade asistirá a unhareunión individual convocada polo Departamento de Orientación do centro educativo que solicitase en primeira opción. 
    • Será obrigatorio levar o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo á reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se estime oportuno. 
    • A finalidade da reunión será que a persoa reciba información sobre o currículo das ensinanzas solicitadas, en particular sobre as dificultades que a consecuencia da discapacidade poidan aparecer para a adquisición dos resultados de aprendizaxe do ciclo. 
    • O Departamento de Orientación emitirá un informe, que proporcionará a persoa solicitante, no que constará unha orientación específica e se incluirá unha proposta razoada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante que, de ser o caso, poderá modificar a súa solicitude. 
    • De ser necesario poderase contar coa axuda do equipo de orientación específico da provincia. 
    • Poderanse solicitar informes dos membros da inspección médica de cada delegación para valorar as solicitudes do alumnado con discapacidade e as posibles limitacións para poderen cursar con aproveitamento as ensinanzas.

    MATRICULACIÓN E RENUNCIA:
    • As persoas con praza adxudicada en cada fase do proceso teñen a obriga de matricularse nos prazos que se indiquen.
    • No 1º curso do réxime ordinario, quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos prazos establecidos para a matrícula. Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións con maior prioridade.

    ENLACES:

    viernes, 18 de marzo de 2016


     


    Protocolo para el alumnado con Trastorno de Espectro Autista (TEA)

    La Consellería de Educación presenta el Protocolo de actuación para el alumnado don TEA. 
    El protocolo es un documento básico con orientaciones para el diagnóstico y la evaluación de las necesidades educativas especiales y para su tratamiento en el ámbito educativo. 

    Toca a imaxe e abre o PDF

    miércoles, 9 de marzo de 2016

    2ª FERIA ENSEÑANZAS PROFESIONALES Y ARTÍSTICAS - VIGO 10/11 MARZO 2016

       El jueves 10 y el viernes 11 de marzo se celebra en Vigo la 2ª Feria de Enseñanzas Profesionales y Artísticas en la Estación Marítima de Vigo. 


    A continuación os dejo ALGUNOS enlaces a  las WEBS de los centros participantes para que consultéis.

    .- CENTROS Y ESTUDIOS ARTÍSTICOS - CENTROS PRIVADOS O CONCERTADOS VIGO

        - Escuela de Imagen y Sonido de Vigo (EISV) 
        - Escuela de Artes Plásticas y Diseño de Vigo (ESAP)
        - Centro Autorizado de Artes Plásticas y Diseño - Aula D
        - Mayeusis Conservatorio das Artes: Música - Danza (Vigo)
        - Escuela Técnica de Joyería del Atlántico: Joyería - Diseño - Gemología
        - Colegio Hogar Afundación de Vigo: Artes Gráficas


    .- ENSEÑANZAS PROFESIONALES

        - Centro Superior de Hostelería de Galicia (Santiago de Compostela)

    .- OTRAS ENSEÑANZAS

        - Air-Hotess: azafatas y auxiliar de vuelo - Tripulante de cabina
        - Centro canino Brincan: Peluquería canina - Educador canino
        - Club hípico la Muralla: Equitación infantil - Hourseball

    viernes, 12 de febrero de 2016

    Guías sobre cómo ser legal en internet

    La Agencia Española de Protección de Datos AEPD ha elaborado dos nuevas guías para prevenir ciberdelitos en Internet o ser víctima de ellos:



    • Guia "Sé legal en internet": para jóvenes con 8 fichas didácticas que enseñan a prevenir conductas problemáticas en la red.


    Estas dos nuevas guias las puedes encontrar en la web Tú decides en internet, y se suman a las otras dos guias " No te enredes en la red" y " Guíales en internet". 

    Puedes consultarlas online o descargarlas en PDF.




    REGISTROS PARA TODOS LOS CURSOS QUE PUEDEN
     AYUDARNOS PARA LAS EVALUACIONES INICIALES

    Estos registros se pueden utilizar tanto en la evaluación Inicial, a lo largo del curso con la parte correspondiente, según los contenidos trabajados y al final de curso.

    Los titulados en FP Básica de 2016 y 2017 obtendrán directamente el título de ESO

    Resultado de imagen de título de ESO y fp básica
    Sólo para los titulados en 2016 y 2017

    Como sabéis la LOMCE modificó las condiciones en las que los titulados en Formación Profesional Básica podían obtener el título de Educación Secundaria. 

    La FP Básica vino a sustituír los PCPIs, que una vez superados se obtenía también el título de ESO. Pues bien, con la implantación de la LOMCE los titulados en FP Básica sólo pueden obtener el título de Graduado en Educación Secundaria tras superar la evaluación final de ESO por la opción de enseñanzas académicas o aplicadas. La calificación final de Educación Secundaria Obligatoria será la nota obtenida en la evaluación final de Educación Secundaria Obligatoria. 

    Por el momento los titulados en FP Básica siguen teniendo acceso directo a determinados ciclos de grado medio. 

    Este curso (2015 - 2016) termina la primera promoción de titulados en FP Básica, pero la prueba final de ESO está todavía sin regular, por ello el Gobierno acaba de introducir una modificación transitoria por la que los titulados en FP Básica que terminen en los cursos 2015-2016 y 2016-2017 podrán obtener el título de ESO directamente, mientras no se regule lal evaluación final de ESO.
    En conclusión, los titulados de FP Básica de ambas promociones podrán obtener el título de Graduado en ESO por la superación de los módulos asociados a las competencias básicas, que son comunes con las enseñanzas de la ESO, siempre que en la evaluación final del ciclo formativo de FP básica el equipo docente considere que han alcanzado los objetivos y que han adquirido las competencias propias de la ESO.

    En principio, si no hay más modificaciones nin parches, los titulados de FP Básica, a partir del curso 2017-2018, tendrán que superar la evaluación final de ESO para poder obtener el título de Educación Secundaria. 

    Esta información se publicó oficialmente a finales de noviembre de 2015 en un disposición transitoria del Real Decreto que regula las pruebas de evaluación final de 6º de Primaria.