martes, 21 de junio de 2016

Novos ciclos de FP Dual en Galicia 2016/2017




PRAZO DE SOLICITUDE: 
Desde o día 17 de xuño ata as 13:00 horas do día 28 de xuño de 2016.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
As solicitudes de inscrición poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

REQUISITOS:
  • Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
OFERTA DE NOVOS CICLOS DE FP DUAL: 
CONVENIOS ASINADOS: Enlace.

WEB DA CONSELLERÍA: Enlace. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario