jueves, 18 de junio de 2015

OFERTA E ADMISIÓN NA FP DUAL EN GALICIA

 PARA O CURSO 2015 / 2016

Publicase a ORDE do 3 de xuño de 2015 pola que se autorizan proxectos experimentais deformación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional.

Relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual:

Requisitos das persoas solicitantes:

a) Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.

b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do Sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
c) Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do Sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Lugar e prazo de presentación de solicitude:
1. Cada solicitante presentará unha única solicitude, segundo o modelo do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no anexo II e irán dirixidas á dirección do centro educativo. Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.
2. Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp
3. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de xuño ata as 13.00 horas do día 26 de xuño de 2015.

Documentación:
A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
b) Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

No hay comentarios:

Publicar un comentario